A EGAP celebra o Día das Letras Galegas cun acto literario e unha viaxe de interese cultural en homenaxe a Manuel María

10/05/16

Acto literario

Manuel MaríaO vindeiro venres, 13 de maio, ás 12:00 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), terá lugar un acto literario no que intervirán a novelista Marina Mayoral e o escritor Xosé Carlos Caneiro. Nesta actividade poderá participar calquera persoa interesada. Para asistir será preciso formalizar a inscrición a través da zona de matrícula da EGAP desde o 29 de abril ata as 23:00 horas do 11 de maio.

Enlace ao programa do acto, no que intervirán Marina Mayoral e Xosé Carlos Caneiro: http://egap.xunta.es/recursos/pdf/[1_1462539943]tarjeton.pdf

Viaxe cultural

O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, terá lugar unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu boa parte da vida do autor homenaxeado. Nesta actividade poderá participar só o persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas) e terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia. Para asistir será preciso formalizar a matrícula no acto literario e posteriormente enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.es indicando nome, apelidos, datos de contacto e vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.

A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir ao acto literario. Para a selección da viaxe cultural terase en conta a data e a hora de recepción do correo electrónico.

news-botón

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies