Consegue o teu certificado profesional co curso gratuíto “Organización e xestión de almacéns” e mellora as túas oportunidades laborais ¡Reserva a túa praza!

Gestores de almacén

 

Os centros In.fórmate de Carballo, Ferrol e Santiago abren o prazo de inscrición no curso Organización e xestión de almacéns que forma parte das Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente desempregadas, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Se estás en situación de desemprego e queres mellorar as túas oportunidades laborais cunha titulación oficial, esta é a túa oportunidade. Trátase dun curso 100% presencial, totalmente gratuíto, que permiten obter un Certificado Profesional de Nivel 3, con prácticas en empresa incluídas.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Curso COML0309 Organización e Xestión de Almacéns

Características principais

  • Formación 100% presencial
  • Totalmente gratuíto
  • Certificado Profesional oficial de Nivel 3
  • Dirixido maioritariamente a persoas desempregadas dadas de alta como demandantes de emprego (tamén poden acceder persoas ocupadas)
  • Dereito a bolsas por desprazamento e outros conceptos, segundo a situación persoal de cada alumno/a
  • Prácticas profesionais non laborais en empresa

Requisitos de acceso

Poderán acceder como alumnos/as aquelas persoas que cumpran, como mínimo, algún dos seguintes requisitos:

  • Titulación de BUP ou COU
  • FPII
  • Bacharelato
  • Ciclo medio
  • Certificado de Profesionalidade de Nivel 3
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos superada
    Certificado de Profesionalidade de Nivel 2 da mesma familia e área profesional
  • Certificado de apto nas competencias clave correspondentes para acceder a certificados de Nivel 3

Duración

  • 468 horas totais
  • 328 horas de formación en aula (5 horas diarias)
  • 98 horas de prácticas en empresa (ata 8 horas diarias)

Que aprenderás?

Ao longo do curso adquirirás competencias para:

  • Organizar o almacén segundo os criterios e niveis de actividade previstos.
  • Xestionar e coordinar as operacións propias do almacén.
  • Optimizar a cadea loxística seguindo os criterios establecidos pola organización.
  • Supervisar a recepción, almacenamento e expedición de mercadorías.
  • Aplicar normas de seguridade e prevención de riscos no ámbito loxístico.

Programa formativo

  • Organización de almacéns:
    • Deseño e organización do almacén.
    • Xestión do equipo de traballo do almacén.
    • Seguridade e prevención de riscos no almacén.
  • Xestión das operacións de almacenaxe:
    • Xestión de pedidos e stock.
  • Optimización da cadea loxística.
  • Prácticas profesionais non laborais de organización e xestión de almacéns.

Saídas profesionais

Esta formación capacítate para traballar como:

  • Técnico/a en xestión de stocks e almacén
  • Empregado/a administrativo/a de servizos de almacenamento e recepción
  • Persoal de almacén en empresas de transporte
  • Xefe/a de almacén
  • Técnico/a en loxística de almacéns
  • Xestor/a de almacén
  • Responsable de recepción de mercadorías
  • Responsable de expedición de mercadorías

Un perfil profesional altamente demandado no sector loxístico, industrial, comercial e de transporte.

Onde podes realizalo?

Carballo

  • Rúa Vila de Corcubión, 5
    627 166 900
    afdcarballo@informateoposiciones.es

Ferrol

  • Rúa Cuntis, 50
    675 084 295
    afdferrol@informateoposiciones.es

Santiago

  • Rúa Curros Enríquez, 13
    665 298 701 – 654 547 399
    afdsantiago@informateoposiciones.es

Como inscribirte

Se estás interesado/a en participar neste curso gratuíto, podes formalizar a túa solicitude de maneira rápida e sinxela a través da nosa web:

Reserva a túa praza aquí!

Tamén podes contactar coa túa sede máis próxima para recibir asesoramento personalizado sobre o proceso de inscrición e as posibles bolsas ás que podes ter dereito.

Dá o paso cara ao teu futuro profesional

Se estás en desemprego e queres mellorar o teu perfil profesional cunha formación oficial, práctica e con alta empregabilidade, este é o momento.

As prazas son limitadas e o inicio será en breve.
Contacta coa túa sede máis próxima e formaliza a túa inscrición canto antes.

En In.fórmate acompañámoste no teu camiño cara ao emprego.

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies