17/11/24
O centro In.fórmate de Ferrol inicia en breve o curso “Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais”.
Trátase dun curso gratuíto, 100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.
É un certificado profesional de nivel 1, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.
O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Destinatarios do curso
Para acceder como alumnos/as a esta formación non se require ningunha titulación académica.
Duración e modalidade
O curso ten unha duración de 448 horas, das cales 408 horas serán impartidas na aula (5 horas diarias) e 40 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais” en In.fórmate Ferrol
(Rúa Cuntis, 50 | Tlf. 675 084 295 | afdferrol@informateoposiciones.es)
Contidos do curso
No curso aprenderás a:
Postos de traballo
Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do Certificado de profesionalidade son os seguintes:
Quiero recibir el boletín para estar informada/o!