En In.fórmate temos aberta a preinscrición nas accións formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente desempregadas, na Comunidade Autónoma de Galicia (AFDs).
Son cursos gratuítos, 100% presenciais, que permiten obter un certificado profesional.
O alumnado que participe nestas accións formativas terá dereito a percibir becas por desprazamento e outros conceptos, dependendo da súa situación persoal.
A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Certificados profesionais
Un certificado profesional é unha titulación oficial que ten validez en todo o territorio nacional. Quen se forma nun certificado profesional adquire as competencias profesionais requiridas para desempeñar a actividade laboral correspondente. Tras finalizar e superar a formación teórica realizarase formación en empresa.
Estes son algúns dos certificados profesionais nos que xa podes preinscribirte:
Descubre a oferta formativa completa para o curso 25/26 na seguinte ligazón:
Para calquera dúbida ou consulta podes contactar co teu centro In.fórmate máis próximo:
Arraigo socioformativo
Estes cursos favorecen a inclusión social e fomentan o emprego. Por iso, esta formación ten tamén moita relevancia para os estranxeiros que residen en Galicia.
A nova Lei de Estranxeiría introduciu cambios nesta liña, un dos máis importantes, o arraigo por formación.
Esta figura permite conseguir un permiso de residencia legal, válido por un período de 12 meses, a aquelas persoas inmigrantes que leven 2 anos en España e queiran obter unha formación que lles axude a inserirse laboralmente.
O arraigo socioformativo é unha vía para que as persoas en situación irregular en España poidan conseguir os seus papeis e unha autorización para formarse en ocupacións nas que se precisa persoal. Ademais, despois poderán traballar se conseguen un contrato.
Este sistema implica que a persoa estranxeira acredite o seu compromiso para participar nun programa de formación, entre os que están os cursos que oferta In.fórmate e proporcionan certificados de profesionalidade.
Para acceder a este arraigo por formación é tamén importante que as persoas interesados se matriculen nun curso no prazo de 3 meses desde que se lles concede a autorización de residencia.
Unha vez que se supere a formación, e mentres estea vixente a autorización de residencia, poderase solicitar a autorización de residencia e traballo ante a Oficina de Estranxeiría.
Haberá que aportar un contrato de traballo e tamén acreditar ter superada a formación vinculada a ese arraigo.
Quiero recibir el boletín para estar informada/o!