Cursos gratuítos para persoas desempregadas con prácticas en empresa en In.fórmate: Preinscríbete no curso 2025/2026 e obtén un certificado profesional!

Cartel AFDs

25/06/25

 

En In.fórmate temos aberta a preinscrición nas accións formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente desempregadas, na Comunidade Autónoma de Galicia (AFDs).

Son cursos gratuítos, 100% presenciais, que permiten obter un certificado profesional.

O alumnado que participe nestas accións formativas terá dereito a percibir becas por desprazamento e outros conceptos, dependendo da súa situación persoal.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Certificados profesionais

Un certificado profesional é unha titulación oficial que ten validez en todo o territorio nacional. Quen se forma nun certificado profesional adquire as competencias profesionais requiridas para desempeñar a actividade laboral correspondente. Tras finalizar e superar a formación teórica realízanse prácticas en empresa.

Estas son as familias as que pertencen os certificados profesionais nos que xa podes preinscribirte:

  • Administración e xestión
  • Comercio e márketing
  • Hostalaría e turismo
  • Informática e comunicacións
  • Seguridade e medio ambiente
  • Servizos socioculturais e á comunidade

Preinscríbete no teu centro In.fórmate máis próximo

Os centros In.fórmate nos que se impartirán cursos gratuítos para persoas desempregadas e a través dos que xa podes preinscribirte son:

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies