Dá o paso cara o emprego co curso gratuíto “Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais” que comezamos en breve nos centros In.fórmate

Auxiliar administrativa

 

Os centros In.fórmate de Ferrol, Lugo e Ourense abren o prazo de inscrición no curso Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais que forma parte das Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente desempregadas, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Se estás en situación de desemprego e queres mellorar as túas oportunidades laborais cunha titulación oficial, esta é a túa oportunidade. Trátase dun curso 100% presencial, totalmente gratuíto, que permiten obter un Certificado Profesional de Nivel 1, con prácticas en empresa incluídas.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Curso ADGG0408 Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais

Características principais

  • Formación 100% presencial
  • Totalmente gratuíto
  • Certificado Profesional oficial de Nivel 1
  • Dereito a bolsas por desprazamento e outros conceptos, segundo a situación persoal de cada alumno/a
  • Prácticas profesionais non laborais en empresa

Requisitos de acceso

Non se require ningunha titulación académica previa para acceder como alumno/a.

Duración

  • 508 horas totais
    • 408 horas de formación en aula (5 horas diarias)
    • 108 horas de prácticas en empresa (ata 8 horas diarias)

Que aprenderás?

Ao longo do curso adquirirás competencias para:

  • Realizar e integrar operacións de apoio administrativo básico.
  • Transmitir e recibir información operativa en xestións rutineiras con axentes externos.
  • Desenvolver tarefas auxiliares de reprodución e arquivo, tanto en soporte convencional como informático.

Programa formativo

  • Técnicas administrativas básicas de oficina.
  • Organización empresarial e recursos humanos.
  • Xestión auxiliar de correspondencia e documentación.
  • Comunicación oral e escrita na empresa.
  • Reprodución e arquivo documental.
  • Mantemento da seguridade en sistemas informáticos.
  • Prácticas profesionais non laborais.

Saídas profesionais

Esta formación capacítate para traballar como:

  • Operador/a de central telefónica
  • Teleoperador/a
  • Recepcionista-telefonista
  • Empregado/a de ventanilla de correos
  • Clasificador/a-repartidor/a de correspondencia
  • Ordenanza
  • Taquilleiro/a
  • Auxiliar de servizos xerais
  • Auxiliar de oficina
  • Auxiliar de arquivo
  • Auxiliar de información

Un perfil profesional moi demandado en empresas, administracións e entidades de distintos sectores.

Onde podes realizalo?

Ferrol

  • Rúa Cuntis, 50
    675 084 295
    afdferrol@informateoposiciones.es

Lugo

  • Praza Conde de Fontao, 4
    675 625 896
    afdlugo@informateoposiciones.es

Ourense (Centro de Estudos Pondal)

  • Rúa Antonio Sáenz Díez, 8
    665 313 809
    afdourense@informateoposiciones.es

Como inscribirte

Se estás interesado/a en participar neste curso gratuíto, podes formalizar a túa solicitude de maneira rápida e sinxela a través da nosa web:

Reserva a túa praza aquí!

Tamén podes contactar coa túa sede máis próxima para recibir asesoramento personalizado sobre o proceso de inscrición e as posibles bolsas ás que podes ter dereito.

Dá o paso cara ao teu futuro profesional

Se estás en desemprego e queres mellorar o teu perfil profesional cunha formación oficial, práctica e con alta empregabilidade, este é o momento.

As prazas son limitadas e o inicio será en breve.
Contacta coa túa sede máis próxima e formaliza a túa inscrición canto antes.

En In.fórmate acompañámoste no teu camiño cara ao emprego.

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies