Estás desempregado/a? Especialízate en contabilidade e administración en auditoría co curso gratuíto que iniciamos en In.fórmate Pontevedra e Vigo

Gestor contable

31/03/26

 

Os centros In.fórmate de Pontevedra e Vigo abren o prazo de inscrición no curso Xestión contable e xestión administrativa para auditoría que forma parte das Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente desempregadas, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Se queres especializarte nun ámbito con gran demanda laboral como é a contabilidade e a xestión administrativa, este curso pode abrirche novas oportunidades profesionais.

Trátase de formación 100% presencial e totalmente gratuíta, que permite obter un Certificado Profesional de Nivel 3, con prácticas en empresa incluídas.

O alumnado participante poderá percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos, dependendo da súa situación persoal.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

ADGD0108 – Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría

Características principais

  • Formación 100% presencial
  • Curso totalmente gratuíto
  • Certificado Profesional oficial de Nivel 3
  • Posibilidade de bolsas por desprazamento e outros conceptos
  • Prácticas profesionais non laborais en empresa

Requisitos de acceso

Para acceder a esta formación é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

  • Titulación mínima de BUP, COU, FPII, Bacharelato ou Ciclo Medio
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos
  • Posuír un Certificado Profesional de Nivel 3
  • Dispor dun Certificado Profesional de Nivel 2 da mesma familia profesional
  • Ter superadas as competencias clave necesarias para acceder a certificados de Nivel 3

Duración do curso

O curso ten unha duración total de 648 horas:

  • 568 horas de formación en aula (5 horas diarias)
  • 80 horas de prácticas profesionais en empresa (ata 8 horas diarias)

Que aprenderás?

Durante esta formación adquirirás competencias para:

  • Realizar a xestión contable e fiscal dunha empresa
  • Desenvolver tarefas administrativas nun servizo de auditoría
  • Utilizar aplicacións ofimáticas avanzadas para a xestión da información e documentación empresarial

Programa formativo

Contabilidade e fiscalidade (240 horas)

  • Xestión contable
  • Xestión fiscal
  • Implantación e control dun sistema contable informatizado

Auditoría (120 horas)

  • Planificación da auditoría
  • Auditoría das áreas da empresa

Ofimática (190 horas)

  • Sistema operativo e procura de información en Internet/Intranet
  • Correo electrónico profesional
  • Aplicacións de tratamento de textos
  • Follas de cálculo
  • Bases de datos relacionais
  • Presentacións e gráficos de información

Prácticas profesionais non laborais (80 horas)

Saídas profesionais

Ao rematar o curso poderás traballar en postos como:

  • Administrativo/a contable
  • Axudante de auditoría
  • Contable

Perfís profesionais moi demandados en asesorías, empresas, departamentos financeiros e consultoras.

Onde podes realizalo?

Pontevedra

  • Rúa Eduardo Pondal, 72
    691 118 580
    afdpontevedra@informateoposiciones.es

Vigo

  • Rúa Gregorio Espino, 50
    652 837 814
    afdvigo@informateoposiciones.es

Como inscribirte

Se estás interesado/a en participar neste curso gratuíto, podes formalizar a túa solicitude de maneira rápida e sinxela a través da nosa web:

Reserva a túa praza aquí!

 Tamén podes contactar coa túa sede de In.fórmate máis próxima para recibir información detallada sobre o proceso de inscrición e as posibles bolsas.

Mellora ao teu futuro profesional

Se estás en situación de desemprego e queres especializarte nun ámbito clave para as empresas, esta formación pode axudarche a dar o salto cara a novas oportunidades laborais.

As prazas son limitadas e o inicio será en breve.

En In.fórmate acompañámoste no teu camiño cara ao emprego.

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies