In.fórmate Santiago imparte o curso gratuíto para desempregados/as “Xestión comercial de vendas”, con prácticas en empresa ¡Aproveita a oportunidade e inscríbete!

Comercial de vendas

23/04/26

 

O centro In.fórmate de Santiago abre o prazo de inscrición no curso Xestión comercial de vendas que forma parte das Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente desempregadas, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Se estás en situación de desemprego e queres mellorar as túas oportunidades laborais cunha titulación oficial, esta é a túa oportunidade. Trátase dun curso 100% presencial, totalmente gratuíto, que permiten obter un Certificado Profesional de Nivel 3, con prácticas en empresa incluídas.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Curso COMT0411 Xestión comercial de vendas

O Certificado de Profesionalidade COMT0411 de Xestión comercial de vendas é unha formación oficial de nivel avanzado Nivel 3 enfocada a prepararte para traballar na área comercial, vendas e xestión de equipos. É unha titulación recoñecida en toda España e valorada no ámbito laboral.

Duración e formato:

  • Total: 688 horas
  • Aula: 535 horas formación presencial
  • Prácticas en empresa: 153 horas
  • Modalidade: 100 % presencial

A quen vai dirixido:
Principalmente a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego, aínda que tamén poden acceder persoas ocupadas.

Requisitos académicos:

  • Bacharelato, BUP ou COU
  • FP de grao medio ou superior
  • Certificado de profesionalidade nivel 2 ou 3
  • Proba de acceso á universidade maiores de 25 ou 45 anos
  • Competencias clave de nivel 3

Que aprenderás:

  • Deseñar estratexias comerciais
  • Xestionar equipos de vendas
  • Técnicas de venda presencial e en liña
  • Organización de promocións
  • Uso de ferramentas dixitais en vendas
  • Inglés aplicado ao ámbito comercial

Saídas profesionais:

  • Vendedor ou vendedora técnica
  • Axente ou representante comercial
  • Delegado ou delegada comercial
  • Encargado ou encargada de tenda
  • Xefe ou xefa de vendas
  • Coordinador ou coordinadora comercial
  • Supervisor ou supervisora de telemarketing

Custo e axudas:

  • Formación gratuíta
  • Posibilidade de bolsas transporte e outras axudas segundo a situación persoal

Onde podes realizalo?

Santiago

  • Rúa Curros Enríquez, 13
    665 298 701 – 654 547 399
    afdsantiago@informateoposiciones.es

Como inscribirte

Se estás interesado/a en participar neste curso gratuíto, podes formalizar a túa solicitude de maneira rápida e sinxela a través da nosa web:

Reserva a túa praza aquí!

Tamén podes contactar coa túa sede máis próxima para recibir asesoramento personalizado sobre o proceso de inscrición e as posibles bolsas ás que podes ter dereito.

Dá o paso cara ao teu futuro profesional

Se estás en desemprego e queres mellorar o teu perfil profesional cunha formación oficial, práctica e con alta empregabilidade, este é o momento.

Contacta con In.fórmate Santiago e formaliza a túa inscrición canto antes.

En In.fórmate acompañámoste no teu camiño cara ao emprego.

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies