In.fórmate Vigo imparte o curso gratuíto para desempregados/as “Xestión comercial de vendas”, con prácticas en empresa ¡Inscríbete!

Comercial de vendas

 

centro In.fórmate de Vigo inicia en breve o curso “Xestión comercial de vendas”.

Trátase dun curso gratuíto, 100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

É un certificado profesional de nivel 3, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.

O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Destinatarios do curso

Poderán acceder como alumnos e alumnas aqueles que teñan como mínimo unha titulación de BUP ou COU, FPII, Bacharelato, Ciclo medio, que realizasen un certificado profesional de nivel 3, que superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos, que realizasen un certificado profesional da mesma familia e área profesional ou ter o certificado de apto nas competencias clave correspondentes para acceder a certificados de nivel 3.

Duración e modalidade

O curso conta con 15 prazas, ten unha duración de 628 horas, das cales 548 horas serán impartidas na aula (5 horas diarias) e 80 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “COMT0411 – Xestión comercial de vendas” en In.fórmate Vigo

(Rúa Gregorio Espino, 50 | Tlf. 652 837 814 | afdvigo@informateoposiciones.es)

Contidos do curso

No curso aprenderás a:

  • Obter e procesar a información necesaria para a definición de estratexias e actuacións comerciais.
  • Xestionar a forza de vendas e coordinar ao equipo de comerciais.
  • Realizar a venda de produtos e/ou servizos a través das diferentes canles de comercialización.
  • Organizar e controlar as accións promocionais en espazos comerciais.
  • Comunicarse en inglés cun nivel de usuario independente, en actividades comerciais.

Postos de traballo

Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do certificado profesional son os seguintes:

  • Vendedores/as técnicos/as.
  • Axentes comerciais.
  • Delegados/as comerciais, en xeral.
  • Representantes de comercio en xeral.
  • Encargados/as de tenda.
  • Vendedores/as non clasificados baixo outros epígrafes.
  • Xefe/a de vendas.
  • Coordinador/a de comerciais.
  • Supervisor/a de telemárketing.

Outros cursos

Curso “SEAG0211 – Xestión ambiental” (PARA PERSOAS CON MÓDULOS PENDENTES)

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies