19/11/24
Certificado profesional
Os centros In.fórmate da Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo inician en breve o curso “Xestión ambiental”.
Trátase dun curso gratuíto, 100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.
É un certificado profesional de Nivel 3, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.
O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Destinatarios do curso
Poderán acceder como alumnos e alumnas aqueles que teñan como mínimo unha titulación de BUP ou COU, FPII, Bacharelato, Ciclo medio, que realizasen un certificado profesional de nivel 3, que superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos, que realizasen un certificado profesional da mesma familia e área profesional ou ter o certificado de apto nas competencias clave correspondentes para acceder a certificados de nivel 3.
Duración e modalidade
O curso conta con 15 prazas, ten unha duración de 518 horas, das cales 438 horas serán impartidas na aula (5 horas diarias) e 80 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “SEAG0211 – Xestión ambiental” en In.fórmate A Coruña
(Rúa Marqués de Amboage, 12 | Tlf. 653 995 306 | afdcoruna@informateoposiciones.es)
Curso “SEAG0211 – Xestión ambiental” en In.fórmate Ferrol
(Rúa Cuntis, 50 | Tlf. 675 084 295 | afdferrol@informateoposiciones.es)
Curso “SEAG0211 – Xestión ambiental” en In.fórmate Santiago
(Rúa Curros Enríquez, 13 | Tlf. 665 298 702 | afdsantiago@informateoposiciones.es)
Curso “SEAG0211 – Xestión ambiental” en In.fórmate Vigo
(Rúa Gregorio Espino, 50 | Tlf. 652 837 814 | afdvigo@informateoposiciones.es)
Contidos do curso
No curso aprenderás a:
Postos de traballo
Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do certificado profesional son os seguintes:
Quiero recibir el boletín para estar informada/o!