Matricúlate no curso gratuíto para desempregados/as “Organización e xestión de almacéns”, que impartimos en In.fórmate Vigo, Ferrol e Carballo!

Xestor de almacéns

21/11/24

 

Certificado profesional

Os centros In.fórmate de Vigo, Ferrol e Carballo inician en breve o curso “Organización e xestión de almacéns”.

Trátase dun curso gratuíto, 100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

É un certificado profesional de nivel 3, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.

O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Destinatarios do curso

Poderán acceder como alumnos e alumnas aqueles que teñan como mínimo unha titulación de BUP ou COU, FPII, Bacharelato, Ciclo medio, que realizasen un certificado profesional de nivel 3, que superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos, que realizasen un certificado profesional da mesma familia e área profesional ou ter o certificado de apto nas competencias clave correspondentes para acceder a certificados de nivel 3.

Duración e modalidade

O curso conta con 15 prazas, ten unha duración de 408 horas, das cales 328 horas serán impartidas na aula (5 horas diarias) e 80 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “COML0309 – Organización e xestión de almacéns” en In.fórmate Vigo

(Rúa Gregorio Espino, 50 | Tlf. 652 837 814 | afdvigo@informateoposiciones.es)

Curso “COML0309 – Organización e xestión de almacéns” en In.fórmate Ferrol

(Rúa Cuntis, 50 | Tlf. 675 084 295 | afdferrol@informateoposiciones.es)

Curso “COML0309 – Organización e xestión de almacéns” en In.fórmate Carballo

(Rúa Vila de Corcubión, 5 | Tlf. 665 298 357 | afdcarballo@informateoposiciones.es)

Contidos do curso

No curso aprenderás a:

  • Organizar o almacén de acordo cos criterios e niveis de actividade previstos.
  • Xestionar e coordinar as operacións do almacén.
  • Colaborar na optimización da cadea loxística cos criterios establecidos pola organización.

Postos de traballo

Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do certificado profesional son os seguintes:

  • Técnico/a en xestión de stocks e almacén.
  • Empregado/a administrativo/a dos servizos de almacenamento e recepción. Traballador/a de almacéns de empresas de transportes.
  • Xefe/a de almacén.
  • Técnico/a en loxística de almacéns.
  • Xestor/a de almacén.
  • Responsable de recepción de mercadorías.
  • Responsable de expedición de mercadorías
pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies