Matricúlate no curso gratuíto para desempregados “Organización e xestión de almacéns” que In.fórmate Carballo inicia en breve e faite cun certificado profesional!

Alumnos

07/01/25

 

En In.fórmate Carballo temos aberta a inscrición nas Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente Desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia. O curso que dará comezo de xeito máis inmediato é o de “Organización e xestión de almacéns”, no que xa podes inscribirte.

Son cursos gratuítos, 100% presenciais, que permiten obter un certificado profesional.

O alumnado que participe nestas accións formativas terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

CURSOS GRATUÍTOS EN IN.FÓRMATE CARBALLO

(Rúa Vila de Corcubión, 5 | Tlf. 665 298 357 | afdcarballo@informateoposiciones.es)

Curso “COML0309 – Organización e xestión de almacéns”

Contidos do curso

No curso aprenderás a:

  • Organizar o almacén de acordo cos criterios e niveis de actividade previstos.
  • Xestionar e coordinar as operacións do almacén.
  • Colaborar na optimización da cadea loxística cos criterios establecidos pola organización.

Postos de traballo

Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do certificado profesional son os seguintes:

  • Técnico/a en xestión de stocks e almacén.
  • Empregado/a administrativo/a dos servizos de almacenamento e recepción. Traballador/a de almacéns de empresas de transportes.
  • Xefe/a de almacén.
  • Técnico/a en loxística de almacéns.
  • Xestor/a de almacén.
  • Responsable de recepción de mercadorías.
  • Responsable de expedición de mercadorías
pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies