Matricúlate no curso gratuíto para persoas desempregadas “Xestión contable e xestión administrativa para auditoría” que impartimos en In.fórmate Santiago e A Coruña!

Xestora contable

20/11/24

 

Certificado profesional

Os centros In.fórmate de Santiago e A Coruña inician en breve o curso “Xestión contable e xestión administrativa para auditoría”.

Trátase dun curso gratuíto, 100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

É un certificado profesional de nivel 3, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.

O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Destinatarios do curso

Poderán acceder como alumnos e alumnas aqueles que teñan como mínimo unha titulación de BUP ou COU, FPII, Bacharelato, Ciclo medio, que realizasen un certificado profesional de nivel 3, que superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos, que realizasen un certificado profesional da mesma familia e área profesional ou ter o certificado de apto nas competencias clave correspondentes para acceder a certificados de nivel 3.

Duración e modalidade

O curso conta con 15 prazas, ten unha duración de 648 horas, das cales 568 horas serán impartidas na aula (5 horas diarias) e 80 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “ADGD0108 – Xestión contable e xestión administrativa para auditoría” en In.fórmate Santiago

(Rúa Curros Enríquez, 13 | Tlf. 665 298 702 | afdsantiago@informateoposiciones.es)

Curso “ADGD0108 – Xestión contable e xestión administrativa para auditoría” en In.fórmate A Coruña

(Rúa Marqués de Amboage, 12 | Tlf. 653 995 306 | afdcoruna@informateoposiciones.es)

Contidos do curso

No curso aprenderás a:

  • Realizar a xestión contable e fiscal.
  • Realizar a xestión administrativa dun servizo de auditoría.
  • Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Postos de traballo

Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do certificado profesional son os seguintes:

  • Administrativo/a contable.
  • Axudante de auditoría.
  • Contable.

 

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies