O centro In.fórmate da Coruña imparte o curso gratuíto para desempregados “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” Inscríbete xa!

Auxiliar de arquivo

25/04/25

 

O centro In.fórmate da Coruña inicia en breve o curso “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”.

Trátase dun curso gratuíto100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

É un certificado profesional de nivel 1, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.

O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Destinatarios do curso

Para acceder como alumno/a a esta formación non se require ningunha titulación académica.

Duración e modalidade

O curso ten unha duración de 458 horas, das cales 378 horas serán impartidas na aula (5 horas diarias) e 80 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “ADGG0508 – “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” en In.fórmate A Coruña

(Rúa Marqués de Amboage, 12 | Tlf. 653 995 306 afdcoruna@informateoposiciones.es)

Contidos do curso

No curso aprenderás a:

  • Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia.
  • Realizar operacións básicas de tratamento de datos e textos, e confección de documentación.
  • Realizar operacións auxiliares de reprodución e arquivo en soporte convencional ou informático.

Postos de traballo

  • Operadores/as, gravadores/as de datos en computador.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de arquivo.
  • Operador/a documental.
  • Auxiliar de dixitalización.
pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies