Nos hacemos eco de esta noticia publicada por fuentes sindicales.
“Na década dos anos 80, as Administracións Públicas fixeron unhas políticas de contratación de persoal a seu servizo expansivas, para dotar á cidadanía de máis e mellores Servizos Públicos (por exemplo na Oferta de Emprego Público do Estado do ano 1986 fora de aproximadamente 29.000 persoas). Dende os anos 90 as Ofertas de Emprego Público Público incluían unha Taxa de Reposición de Efectivos, na que se limitaba o acceso de novos efectivos a respeito das baixas que se producían cada ano.
Unhas veces a oferta de novas prazas era de unha porcentaxe das baixas producidas no ano anterior, e, nos últimos anos, do 0% (con algunas excepcións en algúns colectivos de “especial necesidade”).
Estas políticas en materia de Emprego Público, empregada tanto polos governos do PSOE coma do PP, e refrendada mediante pactos cos sindicatos estatais, supuxeron unha importante diminución do número de efectivos nas distintas Administracións Públicas (xa que ésta decisión era vinculante para todas as Administracións: Estatal, Autonómicas e Locais), o que supuxo un substancial incremento do desemprego e o evidente deterioro da calidade dos servizos públicos.
Así, as persoas que traballaban nos servizos públicos na Galiza baixaron dos 30.297 efectivos no ano 2009 aos 27.959 no 2016 na Admón. do Estado na Galiza. Na Administración da Xunta de Galiza pasamos de 89.299 no 2009 aos 86.499 no 2016. Na Administración Local, na Galiza, pasamos dos 31.563 no 2009 aos 28.098 no 2016. Polo tanto, no total das Administracións Públicas na Galiza, pasamos de un total de 151.159 empregadas e empregados públicos a 142.556, que supon unha perda total de 8.603 efectivos, polo que o emprego público caíu un 6% no noso país, (iso sen valorar o alto porcentaxe de empregados públicos que se xubilarán antes do 2020).
Consecuencias:
1. Incremento do desemprego.
2. Diminución da calidade dos Servizos Públicos.
3. Privatización dos Servizos Públicos.
4. Aumento da corrupción derivada da contratación de empresas privadas para xestionar actividades propias dos Poderes Públicos.”
FONTE DE DATOS: Boletín Estatístico do Persoai ao Servizo das Administracións Públicas (Xaneiro de 2009 e Xaneiro de 2016)
Quiero recibir el boletín para estar informada/o!
USO DE COOKIES
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.