Se estás desempregado/a, aproveita! In.fórmate Lugo inicia cursos gratuítos con prácticas en empresa e certificado oficial

Estudiante de AFDs delante del c

17/11/25

 

En In.fórmate temos aberta a inscrición nas Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente Desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que darán comezo en breve.

Son cursos gratuítos, 100% presenciais, que permiten obter un certificado profesional.

O alumnado que participe nestas accións formativas terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

CURSOS GRATUÍTOS EN IN.FÓRMATE LUGO

(Praza Conde de Fontao, 4 | Tlf. 675 625 896| afdlugo@informateoposiciones.es)

Curso “ADGG0408 – Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais”

  • Nivel 1
  • Modalidade: 100% presencial
  • Nº de horas na aula: 400 h.
  • Nº horas prácticas en empresa: 108 h.
  • Nº horas totais: 508 h.
  • Horario: de 16:00 a 21:00 horas
  • Máis información
  • Reserva a túa praza

Curso “ADGD0208 – Xestión integrada de recursos humanos”

  • Nivel 3
  • Modalidade: 100% presencial
  • Nº de horas na aula: 670 h.
  • Nº horas prácticas en empresa: 198 h.
  • Nº horas totais: 868 h.
  • Horario: de 16:00 a 21:00 horas
  • Máis información
  • Reserva a túa praza

Curso “ADGD0308 - Actividades de xestión administrativa”

  • Nivel 2
  • Modalidade: 100% presencial
  • Nº de horas na aula: 678 h.
  • Nº horas prácticas en empresa: 220 h.
  • Nº horas totais: 958 h.
  • Horario: de 16:00 a 21:00 horas
  • Máis información
  • Reserva a túa praza

Arraigo socioformativo

Estes cursos favorecen a inclusión social e fomentan o emprego. Por iso, esta formación ten tamén moita relevancia para os estranxeiros que residen en Galicia.

A nova Lei de Estranxeiría introduciu cambios nesta liña, un dos máis importantes, o arraigo por formación.

Esta figura permite conseguir un permiso de residencia legal, válido por un período de 12 meses, a aquelas persoas inmigrantes que leven 2 anos en España e queiran obter unha formación que lles axude a inserirse laboralmente.

O arraigo socioformativo é unha vía para que as persoas en situación irregular en España poidan conseguir os seus papeis e unha autorización para formarse en ocupacións nas que se precisa persoal. Ademais, despois poderán traballar se conseguen un contrato.

Este sistema implica que a persoa estranxeira acredite o seu compromiso para participar nun programa de formación, entre os que están os cursos que oferta In.fórmate e proporcionan certificados de profesionalidade.

Para acceder a este arraigo por formación é tamén importante que as persoas interesados se matriculen nun curso no prazo de 3 meses desde que se lles concede a autorización de residencia.

Unha vez que se supere a formación, e mentres estea vixente a autorización de residencia, poderase solicitar a autorización de residencia e traballo ante a Oficina de  Estranxeiría.

Haberá que aportar un contrato de traballo e tamén acreditar ter superada a formación vinculada a ese arraigo.

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies