Valoración de In.fórmate sobre a aprobación da Oferta de Emprego Público da Xunta 2020

09/12/20

     

O pasado 3 de decembro procedeuse por parte do Consello da Xunta á aprobación dos decretos de oferta de emprego público correspondentes tanto ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) como á Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Respecto da oferta do SERGAS, contará cun total de 973 prazas, das cales se prevé a convocatoria de 652 para persoal licenciado sanitario, 275 para persoal diplomado sanitario e outras 46 prazas para persoal de xestión e servizos. Sobre o conxunto das prazas reservaranse 49 para persoas con discapacidade xeral e 20 con discapacidade intelectual, así como as correspondentes para a súa provisión polo sistema de promoción interna. No referente ao sistema selectivo, será o de concurso-oposición, polo que ademais da realización dos diferentes exames, tamén se valorarán os méritos dos candidatos. Ademais, ás 973 prazas ofertadas, hai que engadir outras 12 para persoal funcionario sanitario da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria e as correspondentes ás OPEs do 2018 e 2019 pendentes de convocar.

En canto á oferta de emprego público da Administración Xeral da Xunta, inclúe 2.567 prazas de acceso libre. Destas, 1.276 están destinadas á estabilización e consolidación do persoal dos servizos sociais integrados no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.  Así mesmo, ofértanse tamén 395 correspondentes á promoción interna do persoal funcionario, polo que a oferta total na Administración Xeral alcanza as 2.962 prazas. No referido ás probas, todas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición polo que, da mesma maneira que ocorre no Sergas, tamén se valorarán tanto os méritos como os exames dos diferentes candidatos, aínda que resaltando que a fase de concurso só se valorará se se supera a fase de oposición.

Aínda que é certo que nos atopamos antes unhas ofertas xenerosas, a vontade do Goberno autonómico era ofrecer un volume de prazas superior, pero esta decisión viuse limitada pola taxa de reposición recollida na aínda vixente Lei de Orzamentos Xerais do Estado do ano 2018. Segundo se desprende da recente nota emitida polo Consello da Xunta, “a Xunta de Galicia solicitou en reiteradas ocasións a eliminación deste mecanismo de limitación das ofertas de emprego público” ao Goberno do Estado. Desde o Centro Galego de Estudos In.fórmate parécenos oportuno suxerir como alternativa para conseguir este obxectivo, que o Goberno autonómico, a través do grupo parlamentario do seu partido nas Cortes Xerais e en coordinación con outros grupos que perseguen este mesmo obxectivo, propoña unha modificación da Lei de Orzamentos na que se reforme a regulación relativa á taxa de reposición. Deste xeito, sería o Poder Lexislativo e non o Goberno quen elimine ese mecanismo de limitación das ofertas de emprego público.

No suposto de conseguir este cobizado obxectivo de eliminar a taxa de reposición, podemos esperar que as ofertas de emprego público dos próximos anos alcancen unhas cifras récord. De feito, para este mesmo ano 2020, en palabras do conselleiro de Sanidade e do presidente da Xunta, poderíanse ofertar 3.500 prazas en lugar das 973 que se aprobaron finalmente, o que evidencia que existen miles de prazas que se atopan á espera de que se elimine a citada taxa para que poidan ser ofertadas e estabilizar definitivamente aos empregados públicos.

Por todo isto, e tendo en conta a complexa conxuntura económica así como tamén a situación de enorme incerteza na que nos atopamos, parece que é o momento idóneo para dar o salto ao emprego público e facerse cunha das miles de prazas que se ofertan.

 

news-botón

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies