Inscríbete no curso gratuíto para persoas desempregadas “Actividades de xestión administrativa” que iniciamos xa en In.fórmate Santiago e Lugo!

Auxiliar administrativa de conta

18/11/24

 

Certificado profesional

Os centros In.fórmate de Santiago e Lugo inician en breve o curso “Actividades de xestión administrativa”.

Trátase dun curso gratuíto, 100% presencial, que permite obter un certificado profesional. O alumnado tamén terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

É un certificado profesional de nivel 2, dirixido maioritariamente a persoas desempregadas que estean de alta como demandantes de emprego, aínda que tamén poderán realizalo persoas ocupadas.

O curso enmárcase dentro das Accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas (AFD) na Comunidade Autónoma de Galicia. A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Destinatarios do curso

Poderán acceder como alumnos e alumnas todas aquelas persoas que teñan como mínimo unha titulación de ESO, FPI, Título profesional básico, 2º de BUP (cun máximo de dúas materias pendentes entre os cursos 1º e 2º de BUP), ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos, ter superada a proba de acceso a ciclos de grao medio, un certificado profesional de nivel 2, un certificado profesional da mesma familia e área profesional de nivel 1 ou ter o certificado de apto nas competencias clave correspondentes para acceder a certificados de nivel 2.

Duración e modalidade

O curso conta con 15 prazas, ten unha duración de 898 horas, das cales 818 horas serán impartidas na aula e 80 horas serán prácticas en empresas (máximo 8 horas diarias).

Curso “ADGD0308 - Actividades de xestión administrativa” en In.fórmate Lugo

(Praza Conde de Fontao, 4 | Tlf. 675 625 896| afdlugo@informateoposiciones.es)

Curso “ADGD0308 - Actividades de xestión administrativa” en In.fórmate Santiago

(Rúa Curros Enríquez, 13 | Tlf. 665 298 702 | afdsantiago@informateoposiciones.es)

Contidos do curso

No curso aprenderás a:

  • Realizar as xestións administrativas do proceso comercial.
  • Realizar as xestións administrativas de tesouraría.
  • Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos humanos.
  • Realizar rexistros contables.
  • Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia.
  • Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático.
  • Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Postos de traballo

Os postos de traballo que poderás desempeñar tras a obtención do certificado profesional son os seguintes:

  • Auxiliar administrativo/a de cobros e pagos.
  • Auxiliar administrativo/a de contabilidade.
  • Auxiliar administrativo/a de facturación.
  • Empregados/as administrativos/as comerciais, en xeral.
  • Auxiliar administrativo/a comercial.
  • Empregados/as administrativos/as de servizos de persoal.
  • Auxiliar administrativo/a do departamento de Recursos Humanos.
  • Auxiliar de apoio administrativo de compra e venda.
  • Empregados/as administrativos/as, en xeral.
  • Empregados/as administrativos/as con tarefas de atención ao público non clasificadas baixo outros epígrafes.
  • Auxiliar administrativo/a das distintas Administracións Públicas.
pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies