Inscríbete xa nos cursos gratuítos para desempregados, con prácticas en empresa, que iniciamos en breve en In.fórmate A Coruña e obtén o teu certificado profesional!

Alumnos diante de In.fórmate A C

 

En In.fórmate A Coruña temos aberta a inscrición nas Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras, preferentemente Desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que darán comezo en breve.

Son cursos gratuítos100% presenciais, que permiten obter un certificado profesional.

O alumnado que participe nestas accións formativas terá dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos dependendo da súa situación persoal.

A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

CURSOS GRATUÍTOS EN IN.FÓRMATE A CORUÑA

(Rúa Marqués de Amboage, 12 | Tlf. 653 995 306 | afdcoruna@informateoposiciones.es)

Administración e xestión:

Informática e comunicacións:

Arraigo socioformativo

Estes cursos favorecen a inclusión social e fomentan o emprego. Por iso, esta formación ten tamén moita relevancia para os estranxeiros que residen en Galicia.

A nova Lei de Estranxeiría introduciu cambios nesta liña, un dos máis importantes, o arraigo por formación.

Esta figura permite conseguir un permiso de residencia legal, válido por un período de 12 meses, a aquelas persoas inmigrantes que leven 2 anos en España e queiran obter unha formación que lles axude a inserirse laboralmente.

O arraigo socioformativo é unha vía para que as persoas en situación irregular en España poidan conseguir os seus papeis e unha autorización para formarse en ocupacións nas que se precisa persoal. Ademais, despois poderán traballar se conseguen un contrato.

Este sistema implica que a persoa estranxeira acredite o seu compromiso para participar nun programa de formación, entre os que están os cursos que oferta In.fórmate e proporcionan certificados de profesionalidade.

Para acceder a este arraigo por formación é tamén importante que as persoas interesados se matriculen nun curso no prazo de 3 meses desde que se lles concede a autorización de residencia.

Unha vez que se supere a formación, e mentres estea vixente a autorización de residencia, poderase solicitar a autorización de residencia e traballo ante a Oficina de Estranxeiría.

Haberá que aportar un contrato de traballo e tamén acreditar ter superada a formación vinculada a ese arraigo.

pagina anterior pagina siguiente

Quiero recibir el boletín para estar informada/o!

He leído y acepto la política de privacidad.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Política de cookies